Encontros de profesionais das artes

Euskadi

En cada xornada de INTERSECCIÓN preparamos varios momentos para que as profesionais se atopen. Están organizados para tempos de descanso de contidos e en espazos amigables para a conversa, facilitando que as invitadas se coñezan mellor, haxa intercambios e se favoreza o networking. Estes encontros son fundamentais para que o festival vaia máis alá de ser un lugar de exhibición de obras, xerando a posibilidade real de comezar novos proxectos.

A creación artística audiovisual de Euskadi leva anos sendo un referente a nivel internacional, cunha comunidade creativa que goza de institucións referenciais como son Tabakalera ou BilbaoArte. Grazas á colaboración co Instituto Etxepare, podemos contar coa presenza de varias artistas e profesionais que participan en diversas sesións e actividades. A organización deste encontro supón unha oportunidade para ter un acceso máis directo e informal ás creadoras e outras axentes, xerando momentos para o diálogo distendido entre profesionais e públicos.

Co apoio de: