Encontro de profesionais das artes

Cataluña

En cada xornada de INTERSECCIÓN preparamos varios momentos para que as profesionais se atopen. Están organizados para tempos de descanso de contidos e en espazos amigables para a conversa, facilitando que as invitadas se coñezan mellor, haxa intercambios e se favoreza o networking. Estes encontros son fundamentais para que o festival vaia máis alá de ser un lugar de exhibición de obras, xerando a posibilidade real de comezar novos proxectos.

Coa excelente oportunidade que supoñen os focos que adicamos a Antoni Muntadas e a distribuidora Hamaca, en INTERSECCIÓN 2021 teremos tamén un encontro con artistas de Cataluña. Grazas á colaboración establecida co Institut Ramon Llull, que apoia a presenza das artistas e profesionais no festival, xeramos este espazo para o diálogo entre as creadoras, as axentes profesionais e os públicos, onde se pon en valor a creación catalana.

Co apoio de: