Didáctica infantil

[TALLER] 

A artista Cillas Rodríguez levará a cabo a realización e demostración práctica do funcionamento de distintos dispositivos ópticos: O traumatropo e a lanterna máxica: O que son, como funcionan, que elementos os compoñen, cales son as súas propiedades ópticas e artísticas.
MATERIAIS: Caixas de cartón, lupas, cinta adhesiva, cutters, tesoiras, cordas, lapis de cores, lapis, cartulinas de cor branca.

[BIO] 

Cillas Rodríguez (1988) é unha artista visual que vive e traballa na Coruña, España. Licénciase en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2011 e en 2014 remata o Mestrado em Práticas Artísticas Contemporâneas pola Universidade do Porto. Ao longo da súa carreira artística participa en varias exposicións colectivas e individuais tanto en Porto como noutras cidades europeas: “Hidden in the center” (Bruxelas, 2011), “Traza urbana” (A Coruña, 2012), “NowHere” (Porto, 2014). En 2012 recibe a Bolsa de Perfeccionamento de Estudos Artísticos pola Deputación da Coruña e foi premiada na XI Bienal de Pintura Pintor Laxeiro en 2013. Posteriormente, en 2015 intervén no “Obradoiro Creación de Lanternas Máxicas e dispositivos ópticos” Proxecto de desenvolvemento Creativo do MAC Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (A Coruña). En 2017, a súa obra foi adquirida pola Colección da Deputación A Coruña no XIII Premio Isaac Díaz Pardo. Igualmente, colabora coa XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira (Portugal) en 2018 e realiza a exposición “Coruña Escura” na fundación Luis Seoane en novembro dese mesmo ano. Entre outras cuestións, o seu traballo trata sobre a idea do tempo e a percepción visual na imaxe.