Víctor García

bio

Víctor García é un deseñador sonoro, explorador e compositor de longo percorrido cuxos pasos teñen mutado ao longo dos años ata cristalizar no seu proxecto máis persoal ata o presente: a contundente electrónica de Death Whistle. A súa carreira compositiva vense centrando na última década na creación de bandas sonoras, tanto para videoxogos como para celebrados traballos fílmicos como Decorado, Psiconautas, los niños olvidados ou Sangre de Unicornio, pezas con dous Goyas entre os seus múltiples galardóns e que lle teñen valido recoñecementos como a selección en Aubagne, festival especializado en compositores para o medio audiovisual. Con Death Whistle, Víctor García traslada a aura potente e cinemática das súas obras ao escenario e á pista a través de paisaxes sonoras, ruidismo e punzantes melodías que envolven á espectadora nunha experiencia desarmante, inmersiva, subterránea, prófuga irresoluble entre o onírico e o terreal. Os seus impactantes directos gañáronlle unha e outra vez o favor dunha audiencia rendida.

Death Whistle: Concreto

Para inaugurar INTERSECCIÓN. Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo Víctor García presenta co seu proxecto Death Whistle o seu show audiovisual máis vangardista ata o presente: Concreto.

Venres 22 oct | 20:30 – 21:30h

Teatro Colón