Narelle Jubelin

bio

A práctica baseada na investigación de Narelle Jubelin conduce a nosa atención, con grande exactitude, cara pequenos fragmentos de grandes historias. A súa obra evidencia as complexas interrelacións nas historias, distópicas e utópicas, do imperialismo e o modernismo. Jubelin amosa como nas cousas pequenas encóntranse ferramentas analíticas que nos facilitan unha comprensión máis profunda dos discursos dominantes. No caso do modernismo, a súa obra ocúpase do modo en que nos afectan o campo do deseño obxectual e da arquitectura, observados a través da lente das experiencias vividas e dende perspectivas individuais.

Contemporánea

A sección Contemporánea presenta unha pequena mostra de pezas das artistas Narelle Jubelin, Lúa Gándara e Rodrigo Méndez propostas por tres das galerías que conforman a Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia: Nordés, Metro e Vilaseco.

Mércores 27 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane