Contemporánea

The housing Question

Narelle Jubelin e Helen Grace

— Estrea española —

Galería Nordés

Vídeo HD | Son | Cor | 29’ | 2021

[OBRA] 

The Housing Question  toma o seu título dos textos seminais de 1872 de Friedrich Engels que abordan a grave escaseza de vivendas na súa Alemaña natal. Despois de casi 150 anos, esta cuestión segue sendo urxente na actualidade. Cales son os dereitos humanos básicos a unha vivenda segura e asequible? Cales son os dereitos dunha á vivenda cando está desprazada, como o están centos de miles de persoas hoxe en día? Os temas analizados por The Housing Question seguen sendo centrais nos debates sociais e políticos contemporáneos.

[Narelle Jubelin] 

A práctica baseada na investigación de Narelle Jubelin conduce a nosa atención, con grande exactitude, cara pequenos fragmentos de grandes historias. +

[Helen Grace] 

Helen Grace traballa no oscilante espazo entre movemento e quietude. Preocúpase polo ritmo e os hábitos cotidiás como accións transformadoras e creativas. + 

Ahora lo entiendo todo

Lúa Gándara

— Estrea mundial —

Galería Metro

Vídeo HD | Son | Cor | 10’49’' | 2021

[OBRA] 

Ahora lo entiendo todo é unha vídeovisita guiada da exposición Festa no Xardín con Caracois que tivo lugar na Galería Metro entre xuño e xullo de 2021.
Esta idea xorde como unha iniciativa para sacar a pintura da galería, para que ninguén se preocupe se non entende un cadro abstracto.
Arredor de cada peza xira unha historia, unha reflexión como unha prolongación do título, un xogo co espectador que agora xa está dentro do cadro.

[BIO] 

Lúa Gándara (O Porriño, 1988) é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun posgraduado de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un mestrado de Profesorado en Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo. + 

Proposición. Permear II

Rodíguez-Méndez

Galería Vilaseco

Vídeo HD | Son | Cor | 12' | 2013

[OBRA] 

Diálogos Improbables comisariada por Ángel Calvo Ulloa.
Na sala interior do espazo o xeómetra tendido non chan introduce na súa boca, unha a unha, sementes que morde e dana levemente para cuspilas despois.
As sementes no chan amplifican o volume do corpo e á vez anulan progresivamente o espazo ao público onde se atopan as dimensións do xeómetra.

[BIO] 

Rodriguez-Méndez traballa en proxectos nos que implica diferenciadas linguaxes ao marxe da influencia do espazo expositivo e que analizan os principios materiais da propia escultura e da experiencia esencial e física do ser humano. + 

Contemporánea

A sección Contemporánea presenta unha pequena mostra de pezas das artistas Narelle Jubelin, Lúa Gándara e Rodrigo Méndez propostas por tres das galerías que conforman a Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia: Nordés, Metro e Vilaseco.

Mércores 27 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane