Contemporánea

TXT

A abstracción conforma a forma. E refórmaa, formalízaa. Tamén a destrúe ou a descompón. Mirar é un exercicio complexo, que require a educación da intelixencia emocional e estética, pero que podería implicar moitas outras cuestións, como a matemática e a física, a conciencia corporal, arquitectónica, política e social, ou por suposto a imaxinación, a fabulación e o humor. Ver é unha actividade complexa, pero tamén moi simple. Todas vemos, e todas podemos chegar a ver se miramos, porque a mirada por suposto, como case todo o demais, edúcase.
Mirar é escoller unha realidade parcial, unha peza do que hai ou o que parece que hai, como fai a cámara. Grabar algo é illalo, abstraelo de todo o demais, para realizar un exercicio de realidade, ou o que en ocasións é o mesmo, un exercicio de ficción, pois en certo sentido a nosa realidade confórmase do que hai e do que creemos que hai. Imaxinamos todo o que non vemos claramente, completando o que a mirada non di. Pensamos sobre o que vemos aínda que non queiramos.
A selección de CONTEMPORÁNEA invítanos á consciencia e á sua vez a realizar un exercicio de imaxinación. Proponnos situacións que nos invitan a ver máis alá do que vemos, do que parece que sabemos. Axúdannos a cuestionar a certeza, e a comprender mellor os nosos sistemas persoais de conformar o mundo.
A través das obras de Lúa Gándara, Rodríguez-Méndez, Narelle Jubelin e Helen Grace, protagonistas desta sesión CONTEMPORÁNEA, vemos como a mirada na súa fragmentación expándese e máis que acotar amplía, porque a arte tende a axudarnos a ver mellor, con máis humor e máis capacidade crítica todo o simple e todo o complexo.

 

Texto curatorial (por Noa Castro Lema)

Contemporánea

A sección Contemporánea presenta unha pequena mostra de pezas das artistas Narelle Jubelin, Lúa Gándara e Rodrigo Méndez propostas por tres das galerías que conforman a Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia: Nordés, Metro e Vilaseco.

Mércores 27 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane