Marco Maril

bio

É músico e artista sonoro, que combina o uso da electrónica con paisaxes sonoras, sensores lumínicos e sons que extrae en tempo real de distintos elementos sonoros.
Entre os seus traballos recentes atopamos a publicación do seu novo álbum 15.11.18 (Jabalina Música , 2021).
Colabora con distintas/os artistas visuais baixo o seu propio nome ou co alias de Apenino e forma parte do colectivo artístico MIRASONS.

Conexión Atlántica

by 1906

Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial.

Martes 26 outubro | 21:00 – 22:00h

Fundación Luís Seoane