Marcia Vázquez
bio

Bailarina, performer e xestora cultural viguesa.
Actualmente, forma parte da 3ª e 4ª xeración de Lana Faktoria Coreographic Center en Pamplona. Recentemente foi seleccionada por Corpo(a) Terra para recibir a beca da Red
Acieloabierto Itinerarios formativos en 2019, o que lle permitiu viaxar por todo o Estado.
Foi integrante de dúos como «Cardumen» ou «El Lavadero».
Traballa en proxectos híbridos no audiovisual como Neuronas a cielo abierto, actualmente exposto na CCG.
Conexión Atlántica
by 1906
Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial.
Martes 26 outubro | 21:00 – 22:00h
Fundación Luís Seoane