Iván Domínguez

bio

Iván Domínguez (A Coruña, 1979) desenvolve unha cociña atlántica que defende o produto por enriba de todo, de reminiscencias nórdicas. Formado como cociñeiro na Escola de Hostelería da Armada, traballou en Casa Marcelo e Alborada de A Coruña, sendo director gastronómico para este proxecto, agora pechado, con estrela Michelin durante 4 anos, dirixindo tamén a cociña do restaurante Alabaster en Madrid, premio ao Mellor Restaurante do Ano da revista Club de Gourmets e Restaurante Revelación pola revista Metrópoli. Iván Domínguez é Premio Arco Atlántico 2015 ao Mellor Cociñeiro Galego.
En febreiro de 2019 abriu NaDo Coruña, o seu proxecto máis persoal, e agora abre NaDo Madrid en decembro de 2020.

Conexión Atlántica

by 1906

Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial.

Martes 26 outubro | 21:00 – 22:00h

Fundación Luís Seoane