Iria Vázquez

bio

Artista multidisciplinar, mediadora cultural, docente e doutora en Belas Artes pola
Universidade de Vigo (2015).
Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra (2006). En
2011, obtén unha beca de investigación da Universidade de Vigo, para a realización dunha estadía de investigación no Museo d’Orsay, no Museo do Louvre e distintos centros de arte de París (2012), para o desenrolo do traballo de campo e documental de súa tese doutoral.
Realiza e colabora en proxectos artísticos de carácter multidisciplinar que abarcan
tanto o ámbito expositivo como o audiovisual e escénico.

Conexión Atlántica

by 1906

Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial.

Martes 26 outubro | 21:00 – 22:00h

Fundación Luís Seoane