Conexión Atlántica
by 1906
Arte, gastronomía e cervexa
Iria Vázquez
Iván Domínguez
[Iria Vázquez]
Artista multidisciplinar, mediadora cultural, docente e doutora en Belas Artes pola
Universidade de Vigo (2015).
Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra (2006). +
[Iván Domínguez]
Iván Domínguez (A Coruña, 1979) desenvolve unha cociña atlántica que defende o produto por enriba de todo, de reminiscencias nórdicas. +
[Artistas colaboradoras]
Retallos ao azar
[PERFORMANCE]
Retallos ao azar reflexiona sobre aquilo que non ten fin, sobre o traballo de despregar, de dar a ver, de palpar, de aparecer. Dar forma á realidade a través do movemento e da pausa, do xogo e equilibrio entre o visible e o invisible, o oculto e o manifesto, a gravidade e o voo, nun espazo e tempo concretos. Poñendo de relevancia o carácter subxectivo que conforma a nosa percepción da realidade e a necesidade de coñecer e conectar co espazo que habitamos dende o sensorial.
Esta performance intégrase nun proxecto da artista, máis amplo, comprendido como un laboratorio experimental e de investigación, que implica a colaboración con artistas procedentes de diferentes campos, explora a conexión entre danza, paisaxe e pintura, nesta peza en concreto coa cociña. Dando, unha especial relevancia ás analoxías entre os procesos de creación artística e os procesos de formación da paisaxe. A modo dun territorio, mapa que se vai configurando a través do azar, o sensorial e o circunstancial.
Conexión Atlántica
by 1906
Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial.
Martes 26 outubro | 21:00 – 22:00h
Fundación Luís Seoane