Como chegar ás sedes de INTERSECCIÓN
Este ano as nosas sedes son a Fundación Luis Seoane, o Planetario da Casa das Ciencias e o Teatro Colón.
Dende INTERSECCIÓN estamos a facer un esforzo por minimizar a nosa pegada de carbono, por isto, para chegar, ademais de vir camiñando, recomendamos outras opcións de trasporte de baixo impacto ambiental.
Fundación Luís Seoane

C/ San Francisco 27, A Coruña
Actualmente é o único centro da cidade que funciona coma museo de arte contemporánea.
Nela teñen lugar exposicións e actividades culturais de grande diversidade.
Os 1200 m2 do edificio distribúense en 2 salas de exposición, patio porticado e auditorio na planta baixa; sala de exposición permanente e 2 salas de exposición no primeiro piso; e biblioteca nun segundo nivel.
O auditorio está equipado para a proxección de distintos formatos audiovisuais e conta con bancos corridos para o público.
En bicicleta
0g de CO2/km
Alugamento de bicicletas
- Servizo de alugamento de bicicletas BiciCoruña
- Compañías de alugamento de bicicletas:
Eco-lógica (Rúa Cantábrico, 2 Baixo dcha.)
Ok Zona Bike (Paseo Dársena, 19, 15001 A Coruña)
Aparcadoiro de bicicletas na entrada
Carril bici próximo
En autobús
68g de CO2/km
Parada de autobús 141 – Museo Militar, Hospital Abente y Lago
- Liñas: 3, 5 (estación de tren), 7, 17
Parada de autobús 523 – Abente y Lago
- Liñas urbanas: 1 (estación autobuses), 1A (estación autobuses), 2, 2A, 3A, 17, 23, 23A
- Liñas interurbanas: Alsa A4 (aeroporto), Alsa B2, Alsa B7
Teatro Colón

Avenida Marina, nº7, A Coruña
Un dos teatros de referencia histórica na Coruña.
Proxectado polo arquitecto Jacobo Rodríguez- Losada Trulock, abre as súas portas no 1948.
No 2002 comezan as obras de remodelación que o dotan do aspecto e recursos actuais.
Desde os seus inicios, ofreceu espectáculos escénicos, musicais e teatrais, así como proxeccións de cine, para as que actualmente conta cunha pantalla de 14x8m.
A sala do teatro ten un aforo de 845 persoas.
En bicicleta
0g de CO2/km
Alugamento de bicicletas
- Servizo de alugamento de bicicletas BiciCoruña
- Compañías de alugamento de bicicletas:
Eco-lógica (Rúa Cantábrico, 2 Baixo dcha.)
Ok Zona Bike (Paseo Dársena, 19, 15001 La Coruña)
3 aparcadoiros de bicicletas próximos:
Acceso por carril bici dispoñible
En autobús
68g de CO2/km
Parada de autobús 27 – Obelisco
- Liñas urbanas:
1 (estación autobuses), 1A (estación autobuses), 2, 2A, 3, 5 (estación de tren), 7, 17, 23, 23A - Liña interurbana:
Alsa A4 (aeropuerto)
Planetario – Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarita, A Coruña
A Casa das Ciencias é o máis veterán dos museos científicos da Coruña.
Creada no 1983, inaugurouse no 1985, converténdose no primeiro centro interactivo de titularidade pública e no segundo planetario activo en España.
O planetario sitúase na cúpula semiesférica do edificio, conta con proxector analóxico e dixital. Ten capacidade para 80 persoas.
En bicicleta
0g de CO2/km
Alugamento de bicicletas
- Servizo de alugamento de bicicletas BiciCoruña
- Compañías de alugamento de bicicletas:
Eco-lógica (Rúa Cantábrico, 2 Baixo dcha.)
Ok Zona Bike (Paseo Dársena, 19, 15001 La Coruña)
3 aparcadoiros de bicicletas dentro do Parque de Santa Margarita
En autobús
68g de CO2/km
Parada de autobús
234 – Avenida de Fisterra, 147
235 – Avenida de Fisterra, 69
- Liñas: 6, 6A, 20 (estación de tren)
Parada de autobús 78 – Ronda de Nelle, 70
- Liña 12
Como chegar á Coruña
Non podemos deixar de recordarlle ao noso público que o tipo de transporte que elixa para vir visitarnos dende fóra da cidade ten un grande impacto en canto a contaminación. Recomendamos o tren como medio de transporte porque é o que menos contamina: 14g de CO2 o km fronte aos 68g do autobús e os 285g do avión.
Se vas viaxar en coche, mira primeiro en AMICOCHE se hai algunha viaxe programada para vir a INTERSECCIÓN. Se aínda non hai ningunha e vas viaxar en coche, podes publicar unha viaxe ao evento para aforrar e contaminar menos compartindo transporte.
Podes facelo deste xeito:
- Rexístrate ou inicia sesión en Amicoche.
- Vai a Menú > Publicar (a un evento).
- Selecciona o festival.
- Indica orixe e demais datos da viaxe e preme “seguinte”.
- Completa os detalles e preme en “publicar viaxe”.
Notificaránseche por correo as reservas e mensaxes sobre a túa viaxe.