Catarina Vasconcelos

bio

CCatarina Vasconcelos naceu en Lisboa en 1986. Licenciouse na Faculdade de Belas Artes de Lisboa, tras do que realizou un postgrado en Antropoloxía Visual no ISCTE-IUL. Fixo o seu mestrado no Royal College of Art, Londres, Reino Unido, onde o seu proxecto final foi a súa primeira curtametraxe Metáfora ou a Tristeza Virada do Avesso (2014). A película estreouse no festival Cinema du Réel de París, onde recibiu o premio á mellor curtametraxe. Metáfora o la tristeza al revés estivo en varios festivais, entre eles o RIDM – Festival Internacional de Documentais de Montreal (premio á mellor mediometraxe internacional), DokLeipzig, o Festival Internacional de Cine de Moscú e Doclisboa. A súa primeira longametraxe documental, A Metamorfose dos Pássaros, estreouse mundialmente na nova sección competitiva, Encontros, da 70ª Berlinale en febreiro de 2020, onde obtivo o premio FIPRESCI da Federación Internacional de Críticos de Cine. Tras a súa estrea, a película formou parte das seccións competitivas de varios festivais e ten recibido, entre outros, o premio á mellor película da sección Zabaltegi-Tabakalera no Festival de Cine de San Sebastina-Donostia ou o premio á mellor película no Kino pavasaris, Lituania. Nestes momentos Catarina Vasconcelos está preparando a súa primeira longametraxe de ficción, Unfinished Painting, seleccionado para o Script Lab do Festival de Cine de Turín.

Explicación da Luz

Explicación da luz, componse de dous programas comisariados pola investigadora, conservadora e xestora cultural luso-española Leonor Lloret (Appleton Associação Cultural). A primeira é unha sesión colectiva e a segunda está adicada á artista Catarina Vasconcelos, de maneira que xeran entre ambas unha revisión poética e sutil do que nos une ás outras e ao mundo, do fogar e do tempo dende múltiples puntos de vista.

Xoves 28 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane

Viernes 29 oct | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: