Catarina Vasconcelos

Explicação das ondas | Explicación das ondas

AulaAGAG

[MASTERCLASS] 

“Pensei moitas veces en como as ondas enfrontan cada día á súa morte, sen temela, coa beleza dun gran final”.
A través da vulnerabilidad da mirada, Catarina Vasconcelos disponse a aprender os días e as estacións nun intento extraordinario de entender “o que non se explica”. “Penso que, talvez, dalgún xeito, esa é a razón pola que facemos películas”.
É a través do movemento das ondas que Catarina se propón reflexionar sobre dous momentos de pérdida familiar e, simultaneamente, de encontro persoal coa memoria, co tempo e o espazo. Metamorfose dos Pássaros, a súa primeira longametraxe recentemente estreada, e Metáfora ou Tristeza virada do Avesso, a curta que veremos na sesión Explicação da casa // Explicación da casa, son o punto de partida para esta sesión de masterclass na cal conversaremos coa realizadora, aceptando a súa invitación para divagar entre pinturas, música e todas esas pequenas cousas extraordinarias que nos fan aprender, á flor de pel, aquilo que non se explica. “Sen embargo, non conseguimos deixar de tentalo”.

[BIO] 

Catarina Vasconcelos naceu en Lisboa en 1986. Licenciouse na Faculdade de Belas Artes de Lisboa, tras do que realizou un postgrado en Antropoloxía Visual no ISCTE-IUL. +

Co apoio de: