Antoni Muntadas

A construcción do medo​

AulaAColectiva

[MASTERCLASS] 

Antoni Muntadas reflexionará en esta masterclass sobre a idea de medo, un concepto amplamente explorado ao longo do seu traballo que garda relación con filmes presentes en INTERSECCIÓN como On Translation: Fear/Miedo (2005) ou On Translation: Miedo/Jauf (2007). Todo isto lévanos a preguntarnos polos relatos hexemónicos, a relación có poder e a violencia e como se vai articulando un imaxinario colectivo vencellado a variadas formas de comunicación. As tensións sociais, as fronteiras, a política ou a propia linguaxe forman parte de toda esta engrenaxe expresada en diferentes esferas sociais.

[BIO] 

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas. +

Co apoio de: