Antoni Muntadas

[BIO] 

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas.+

[TXT] 

[…] Eu considérome urbano, son alguén que vive e traballa nas cidades, que sempre teñen sido un elemento de eco e repercusión. Co tempo, isto levoume a desenvolver unha serie de traballos nos que a cidade ten sido punto de referencia como na exposición Muntadas Projects (1974-2004). +

Antoni Muntadas I

Video is Television?

HD vídeo | Son | Cor | 75’ |  1989

Nunha colisión de imaxes mediáticas e imaxes dos media media, Muntadas fusiona o cine, o vídeo e a televisión nunha sala de espellos que reflexa a cultura contemporánea. Vistas de maneira fragmentaria en primeiros planos, as imaxes de vídeo e televisión de varias fontes cinematográficas (Poltergeist, Videodrome, Network, The Candidate) e as grabacións de videoarte preséntanse como campos abstractos e ilexibles. Ante este terreo de liñas de exploración e imaxes escuras, unha serie de palabras illadas – “manipulación”, “contexto”, “audiencia”, “fragmento” – compoñen un índice das tácticas empreadas polo aparello televisivo, así como das estratexias reflexivas de Muntadas (vídeos) para criticar aos medios. A medida que a tensa partitura musical de Glenn Branca acelérase ata o seu clímax, a imaxe videográfica final, que amosa os televisores nunha pantalla de consumo, fragméntase e desintégrase.

Texto: EAI. Electronic Arts Intermix

On translation: Miedo/Jauf

HD vídeo | Son | Cor | 54’  | 2007

On Translation: Miedo/Jauf é un proxecto sobre a experiencia e a interpretación do medo e as súas complexidades aos dous lados do Estreito. On Translation: Miedo/Jauf non é unha obra sobre a emigración/inmigración de África/Europa. Nin sobre a relixión nin sobre o terrorismo. Dúas realidades diversas divididas non só por un mar senón por valados fronterizas e límites en ambos lados.
A busca do norte cos seus paraísos creados e para moitos non atopados, o medo como emoción/sensación insertada nesa decisión do cruce. A construcción do sur como ficción/realidade conectada a fenómenos do descoñecido, o exótico e o diferente. A atracción de dúas realidades diversas nas que a información circula boca a boca a través dos media e dos estereotipos. O intentar comprender e percibir unha esperanza nun continente “esquecido” polo mundo occidental, África como esperanza do futuro.

Texto: HAMACA

Antoni Muntadas II

Alphaville e outros

HD vídeo | Son | Color | 9 | 2011

“Alphaville”, un barrio residencial cerrado en São Paulo, é a localización principal de Alphaville e outros de Muntadas, que examina o fenómeno das “comunidades cerradas” e como o medo e a búsqueda da exclusividade conducen ao illamento urbano e a exclusión. A obra toma como referencia a película de 1965 Alphaville de Jean-Luc Godard (da que se deriva o nome do barrio de São Paulo), unha visión de ciencia ficción distópica dun futuro urbano totalitario. As escenas en branco e negro da película de Godard xustapóñense con promocións casi utópicas para o “Alphaville” brasileiro, animacións dixitais, imaxes de cámaras de seguridade e imaxes das piscinas, canchas de tenis e xardíns do barrio de São Paulo. Muntadas presenta unha arquitectura do espazo basada na retórica e os mecanismos do medo e o control; as imaxes recurrentes de valados xigantes suxiren as murallas defensivas medievais que unha vez arrodearon as cidades.

Texto: EAI. Electronic Arts Intermix

Açik Radyo (Myths & Stereotypes)

HD vídeo | Son | Cor | 32’ | 2010

On Translation: Açik Radyo é parte da serie de traballos e proxectos en curso de Muntadas sobre comunicación, cultura e o papel da arte e o artista na vida contemporánea. Esta peza é resultado dun proxecto de dous anos creado no contexto de Lives and Works in Istanbul, un programa que invita a artistas de países europeos a traballar e crear obras sobre a cidade. Açik Radyo é unha estación de radio alternativa e independente que transmite en toda a área metropolitana de Estambul.

Escribe Muntadas: “Açik Radyo é un filtro de tradución e unha interfaz entre a cidade de Estambul e eu. Con eles dialogamos e realizamos entrevistas para crear catro programas de radio co objetivo de poñer en cuestión e interrogar a representación de Estambul”.

Texto: EAI. Electronic Arts Intermix

Antoni Muntadas

A presente edición de INTERSECCIÓN dedica un foco a Antoni Muntadas, revisando a cidade e a súa idiosincrasia á luz da obra deste artista que adicou gran parte da súa carreira a profundizar e poñer no punto de mira o fronteirizo, a construción do medo e a arquitectura do poder.

Sábado 30 oct | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Domingo 31 oct | 16:30 – 18:30h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: