Antoni Muntadas

bio

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas. Traballa proxectos en distintos medios como a fotografía, vídeo, publicacións, internet e instalacións multi-media. Dende o ano 1995 Muntadas ven agrupando unha serie de traballos e proxectos baixo a denominación On Translation. Son obras de contido, dimensións e materiais moi diversos, e todas xiran en torno a unha experiencia persoal do autor, ao longo de máis de trinta anos de actividade como artista en numerosos países. Ao agrupar as obras baixo este epígrafe, Muntadas ubícaas no interior dun corpo de experiencias e preocupacións concretas sobre a comunicación, a cultura do noso tempo e o papel da artista e da arte na sociedad contemporánea.
 

Antoni Muntadas

A presente edición de INTERSECCIÓN dedica un foco a Antoni Muntadas, revisando a cidade e a súa idiosincrasia á luz da obra deste artista que adicou gran parte da súa carreira a profundizar e poñer no punto de mira o fronteirizo, a construción do medo e a arquitectura do poder.

Sábado 30 oct | 21:00 – 22:30h

Fundación Luís Seoane

Domingo 31 oct | 16:30 – 18:30h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: