Aitor Gametxo
[BIO]
Aitor Gametxo Zabala (Lekeitio, Bizkaia, 1989) combina narrativas tradicionais e a experimentación formal para crear filmes entre o documental e a ficción. +
[TXT]
“Os ollos péchanse e a luz continúa”. Así remata Els Ulls, de Aitor Gametxo, e abre un camiño para reflexionar acerca do cinema, da mirada e da representación.
O foco a Aitor Gametxo xoga coa poesía do cotián, do afecto, atopando no día a día claves para identificar nas formas ideas, para acceder ao real das aparencias.
+
El falso pez
— Estrea galega —
Vídeo | Son | Cor | 2’ 30’’ | 2013
Un grupo de párvulos e a súa mestra, observan a un pequeno peixe nun recipiente de agua. Móvese e semella ter a vitalidade dun animal pero, ¿é real?
En busca de los sonidos perdidos
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 7’ | 2013
Viaxei a Zürich para visitarte antes de que voltaras. Unha vez alí, pedinche que me axudases a atopar sons que necesitaba para unha curta na que estaba a traballar. A idea é sinxela: ti decides a onde dirixir a grabadora e eu sígote coa cámara.
Els ulls
— Estrea mundial —
Vídeo | Son | Cor | 9’ 30’’ | 2021
Na escuridade da noite, un relato de ciencia ficción sobre unha poboación cega técese con voces reais de habitantes dunha pequena illa. Un xogo de texturas e rexistros, onde a fala, a declamación e a lectura, permiten ver incluso cos ollos pechados.
Z
— Estrea galega —
Vídeo | Son | Cor | 1’ 30’’ | 2020
EEsta peza forma parte do Abecedario audiovisual del coronavirus, un exercicio levado a cabo no contexto do Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universitat Autònoma de Barcelona, durante a pandemia.
Una de sus vidas
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 8’ | 2013
Un cineasta amateur envía a unha amiga todas as imaxes e notas tomadas durante unha viaxe a París. “Eses momentos, ao ser filmados, non podían ser vividos. E, polo tanto, xa non me pertencían”, di a primera nota que lle envía nunha caixa de zapatos.
Cicha Symfonia
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 25’ | 2017
Wroclaw, en Polonia, cidade de fronteiras cambiantes, é agora, como todas as cidades, escenario de ruído e melodías que as persoas xordas ignoran. Sen embargo, os movementos das súas mans, peito e rostro, mistúranse cada día con estes ritmos urbáns dos que somos testemuña, formando parte dunha extraordinaria sinfonía silenciosa composta por rimas visuais, conversacións, momentos cotiás, emocións infantís e praceres normalmente pasados por alto, pero aquí están, redescubertos, no máis cómodo dos silencios. É un retrato sinfónico dunha cidade resonantemente familiar.
Otros diez minutos mayor
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 10’ | 2017
En 2017, uns alumnos de primaria convertéronse en espectadores deses dez minutos pasados.
Hemen–Gaur–Berriz
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 9’ | 2020
Bitor e Mikel coñécense durante as festas de Bilbao. A primeira mirada vai a ser especial para ambos, pero van lembrala de xeitos diferentes.
El falso pez
— Estrea galega —
Vídeo | Son | Cor | 2’ 30’’ | 2013
Un grupo de párvulos e a súa mestra, observan a un pequeno peixe nun recipiente de agua. Móvese e semella ter a vitalidade dun animal pero, ¿é real?
Una de sus vidas
— Estreno en Galicia —
Vídeo HD | Son | Cor | 8’ | 2013
Un cineasta amateur envía a unha amiga todas as imaxes e notas tomadas durante unha viaxe a París. “Eses momentos, ao ser filmados, non podían ser vividos. E, polo tanto, xa non me pertencían”, di a primera nota que lle envía nunha caixa de zapatos.
En busca de los sonidos perdidos
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 7’ | 2013
Viaxei a Zürich para visitarte antes de que voltaras. Unha vez alí, pedinche que me axudases a atopar sons que necesitaba para unha curta na que estaba a traballar. A idea é sinxela: ti decides a onde dirixir a grabadora e eu sígote coa cámara.
Cicha Symfonia
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 25’ | 2017
Wroclaw, en Polonia, cidade de fronteiras cambiantes, é agora, como todas as cidades, escenario de ruído e melodías que as persoas xordas ignoran. Sen embargo, os movementos das súas mans, peito e rostro, mistúranse cada día con estes ritmos urbáns dos que somos testemuña, formando parte dunha extraordinaria sinfonía silenciosa composta por rimas visuais, conversacións, momentos cotiás, emocións infantís e praceres normalmente pasados por alto, pero aquí están, redescubertos, no máis cómodo dos silencios. É un retrato sinfónico dunha cidade resonantemente familiar.
Els ulls
— Estrea Mundial —
Vídeo | Son | Cor | 9’ 30’’ | 2021
Na escuridade da noite, un relato de ciencia ficción sobre unha poboación cega técese con voces reais de habitantes dunha pequena illa. Un xogo de texturas e rexistros, onde a fala, a declamación e a lectura, permiten ver incluso cos ollos pechados.
Otros diez minutos mayor
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 10’ | 2017
En 2017, uns alumnos de primaria convertéronse en espectadores deses dez minutos pasados.
Z
— Estrea galega —
Vídeo | Son | Cor | 1’ 30’’ | 2020
Esta peza forma parte do “Abecedario audiovisual del coronavirus”, un exercicio levado a cabo no contexto do Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universitat Autònoma de Barcelona, durante a pandemia.
Hemen-Gaur-Berriz
— Estrea galega —
Vídeo HD | Son | Cor | 9’ | 2020
Bitor e Mikel coñécense durante as festas de Bilbao. A primeira mirada vai a ser especial para ambos, pero van lembrala de xeitos diferentes.
Aitor Gametxo
O foco a Aitor Gametxo recolle unha selección da obra do autor biscaíño, achegándonos á súa visión como cineasta e activando a reflexión vital e poética acerca da representación audiovisual.
Sábado 30 outubro | 18:30 – 20:00h
Fundación Luís Seoane