Aitor Gametxo

bio

Aitor Gametxo Zabala (Lekeitio, Bizkaia, 1989) combina narrativas tradicionais e a experimentación formal para crear filmes entre o documental e a ficción. Dirixiu e escribiu unha amplia variedade de obras personais, tanto individualmente como en grupo, entre as que se encontran Irudi mintzatuen hiztegi poetikoa (Diccionario poético de imaxes faladas, 2013, codirixida con Maria Elorza e Maider Fernández Iriarte), Bere bizitzetako bat (Unha das súas vidas 2014), Soinu galduen bila (En busca dos sons perdidos, 2014), O outro mapa de Abauntz (2015, realizada tras gañar o premio X-Films do festival Punto de Vista), Distantziak (Distancias, 2015, codirixida con Jesus M. Palacios, Maddi Barber e Cris Ezquerra para Zinebi), Cicha Symfonia (Unha sinfonía en silencio, 2017, a través dunha residencia artística impulsada polo Centro de estudos vascos Etxepare e a capitalidade europea DSS2016), Beste hamar minutu nagusiago (Outros dez minutos maior, 2017) e Hemen. Gaur. Berriz (Aquí. Hoxe. De novo, 2020). As súas obras foron proxectadas en festivais de cine internacionais e en varios programas ou exposicións de centros culturais. Dende 2017 deseña e imparte obradoiros e experiencias relacionadas có cine e a imaxe móbil.

Aitor Gametxo

O foco a Aitor Gametxo recolle unha selección da obra do autor biscaíño, achegándonos á súa visión como cineasta e activando a reflexión vital e poética acerca da representación audiovisual.

Sábado 30 outubro | 18:30 – 20:00h

Fundación Luís Seoane

Co apoio de: