Maite Redondo

bio

Maite Redondo (Iruñea, 1989) é Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca, realizou o Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universitat Autònoma de Barcelona e Estudos de cine e audiovisual contemporáneos na Universitat Pompeu Fabra. Desenvolve proxectos multidisciplinares no ámbito das artes plásticas, o cine e a investigación teórica; nalgunhas ocasións de forma colectiva e noutras individualmente. Expuxo e/ou proxectou os seus traballos a nivel estatal e internacional, participando en mostras, exposicións e festivais, obtendo algúns premios e becas, como as Axudas ás Artes plásticas e visuais do Goberno de Navarra.

LAB

LLAB é un lugar de encontro para persoas de diverso perfil e intereses, implicadas no desenvolvemento de proxectos artísticos, para facer unha posta en común dos mesmos e debater xuntas os recursos e estratexias que permitan facelos avanzar. A dinámica colectiva centrarase en revisar aspectos da concepción dos proxectos, busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións, establecendo un diálogo que poda enriquecer e mellorar a capacidade de cada persoa para desenvolvelos.

Co apoio de: