Judith Adataberna

bio

Judith Adataberna (Vilaboa -Galicia, 1992) é unha artista visual que desenvolveu o seu imaxinario a través do cine experimental, a fotografía e a video-instalación. Formada en Belas artes, completa os seus estudos becada polo laboratorio de cine experimental Master-Lav (Madrid). As súas obras simulativas, nas que se desafían escalas e umbrais da percepción, puideron verse en festivais de cine como Curtocircuito, Filmadrid, INTERSECCIÓN, Instituto Cervantes ou galerías e espazos como Sim Gallery (Reykjavik), Venice Art Projects (Venecia), Hybrid Art Fair (Madrid), Museo Etopia -Zaragoza ou na edición 2021 do L.E.V en Madrid.

LAB

LLAB é un lugar de encontro para persoas de diverso perfil e intereses, implicadas no desenvolvemento de proxectos artísticos, para facer unha posta en común dos mesmos e debater xuntas os recursos e estratexias que permitan facelos avanzar. A dinámica colectiva centrarase en revisar aspectos da concepción dos proxectos, busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións, establecendo un diálogo que poda enriquecer e mellorar a capacidade de cada persoa para desenvolvelos.

Co apoio de: