LAB

Mesa de traballo para proxectos artísticos

Artistas seleccionadas

Estirar un brazo es desear

Gari Arambarri

[OBRA] 

Estirar un brazo es desear supón unha investigación sobre a construción do afecto mediante o xesto. O interese do autor é, por un lado, indagar na representación afectiva mediante o corpo e, por outro, traballar na correspondencia entre afecto e xesto.

[BIO] 

(Azkoitia, País Vasco, 1997) é artista e historiador da arte, Graduado en Historia da Arte e Máster en Arte Contemporáneo Tecnolóxico e Performativo, ambos na Universidade do País Vasco. +

La piel de Marte

Maite Redondo

[OBRA] 

La piel de Marte é un video-ensaio que toma o extractivismo como motivo a través do cal falar da división sexual e internacional do traballo. O corpo humano e o territorio teñen sido convertidos en espazos de opresión e explotación, atravesados violentamente polo patriarcado, a colonialidade e a clase. Cuestionando esta dobre conquista xorden tamén voces disonantes que fabulan e defenden outros mundos e posibilidades.

[BIO] 

(Iruñea, 1989) é Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca, realizou o Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universitat Autònoma de Barcelona e Estudos de cine e audiovisual contemporáneos na Universitat Pompeu Fabra. +

Memoria de Emergencia

Judith Adataberna

[OBRA] 

Memoria de Emergencia é un proxecto de carácter experimental-documental, que dende o rexistro dunhas conversas familiares trata de re-edificar os vínculos e recordos que resonan na casa dos antepasados da autora e nas súas terras de orixe. Os dous nenos da familia parecen asistir pasivamente a un encontro fantasmagórico cos problemas latentes que deberán enfrontar cando medren: o paulatino abandono do rural e os problemas co catastro deixan en evidencia a perda material que supón a perda da memoria humana. O mapa é unha virtualización daqueles que de verdade traballaron a terra, o que colisiona diametralmente coa tendencia presente de “virtualizar a experiencia”.

[BIO] 

Judith Adataberna (Vilaboa – Galicia, 1992) é unha artista visual que desenvolveu o seu imaxinario a través do cine experimental, a fotografía e a video-instalación. +

Enrique Lista

Coordinador

Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural. Como artista expuxo individualmente na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc e Sala Alterarte. Participou, entre outras, nas mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo. Ten experiencia como docente universitario, asesor de proxectos artísticos e editor de libros de autor.

Leonor Lloret

Profesional

Leonor Lloret (Lisboa, 1981) é licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e a Università degli Studi di Roma “La Sapienza” (2000-2005). Pos-graduada en Xestión de Mercados de Arte por INDEG/ISCTE (2007-2008).
Investigadora – conservadora, incorporada ao Grupo de investigación Museum da Universidade de Sevilla e posteriormente ao Servizo de Conservación de Patrimonio Histórico Artístico da Universidade de Sevilla (2008-2013).
Responsable pola conservación, catalogación e inventario do libro antigo da Colección de Frei Manuel do Cenáculo, séculos XVI-XVIII, da Biblioteca Pública de Évora (2010-2011).
Dende 2014 adícase á arte contemporánea, formando parte do equipo de traballo do espazo cultural-artístico Appleton Square. En 2018 colabora no cambio xurídico para asociación sen fins lucrativos como asociada fundadora, quedando responsable pola área de Estratexia e Desenvolvemento. Xunto a Vera Appleton, programa o espazo apostando nas itinerancias, intercambios e relacións con institucións pares e artísticas portuguesas e internacionais. En 2021 emprende o programa Appleton 7, adicado a cine e vídeo-arte.

Chema González

Profesional

Programador, comisario e traballador cultural, explorou as relacións entre a arte contemporánea e a imaxe en movemento e ten realizado unha ampla programación audiovisual no campo do ensaio fílmico, do documental político, do cinema experimental e do cinema de autor no Museo Reina Sofía, centro cuxa programación de cine e vídeo dirixe dende 2012. Como eixos neste traballo: recuperar olladas silenciadas que reescriban as historias do cinema, conectar a práctica fílmica cun espazo político e teórico comprometido e entender o cinema como unha arte determinante para transformar a nosa construcción e interpretación do mundo. Na actualidade é xefe de actividades culturais e audiovisuais do Museo Reina Sofía, institución na que, xunto ao cinema, desenvolve un amplo e transversal programa de debate crítico.

Alejandro Romero

Profesional

Alejandro Romero (Granada 1968) é Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada.
Estudou o seu posgrao nas universidades de París e Venecia, especializándose en escenografía de museos, así como en xestión cultural.
Dende 1999 e ata a actualidade é o Coordinador do Pabellón Español da Bienal de Venecia tanto para as edicións de Arte Contemporáneo como para as de Arquitectura.
Tamén e dende o 2003 é Técnico de Artes Visuais no Departamento de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, para os Centros Culturais de España no exterior, así como para as embaixadas de España.

LAB

LLAB é un lugar de encontro para persoas de diverso perfil e intereses, implicadas no desenvolvemento de proxectos artísticos, para facer unha posta en común dos mesmos e debater xuntas os recursos e estratexias que permitan facelos avanzar. A dinámica colectiva centrarase en revisar aspectos da concepción dos proxectos, busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións, establecendo un diálogo que poda enriquecer e mellorar a capacidade de cada persoa para desenvolvelos.

Co apoio de: