Xurados e premios

Galicia

“Premio A Colectiva”

Consistirá en 500€ para a obra seleccionada.

Xurado

Interseccion - Jorge Couceiro

Jorge Couceiro

Desde 1996 ata 2001 cursei a carreira de Belas Artes na Universidade de Vigo. Todo a partir de entón sucedeu orientado dun xeito ou doutro cara a práctica artística. Produzo e expoño irregularmente a miña propia obra, xeralmente por conta propia, expuxen case sempre en España aínda que tamén en Alemaña e Portugal nun par de ocasións. Cando me preguntan a que disciplina me dedico adoito afirmar que á creación plástica, non me preocupa demasiado ofrecer un termo máis concreto porque dubido que calquera dos que existen sexa honesto coa realidade, nin son pintor nin son escultor, son artista e esa afirmación, nada menos, é a única que podo soster con rotundidade ao longo dos anos. Da miña traxectoria hei de destacar como especiais aqueles momentos en que coincidín con outros artistas, quen dalgún modo, ampliaron as miñas posibilidades.

Interseccion - Juan Lesta - Belén Montero

Juan Lesta e Belén Montero

Directores, produtores e creativos audiovisuais. Fundadores da produtora Esferobite (1998-2017), dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, videocreación, multimedia, instalación e vídeo en directo, recibindo diversos premios e mencións de carácter nacional e internacional. Realizaron videoclips para numerosos grupos musicais e teñen producido pezas de videocreación para centros de arte, museos e fundacións. Expuxeron os seus traballos en Musée Pompidou-Metz, CGAC, La Capella, Fundación Luis Seoane, entre outros e posúen pezas en diferentes coleccións. Desde o 2002 impartiron clases de audiovisual en diferentes centros de Barcelona e Galicia.

“Premio Numax á exhibición”

A obra gañadora estará durante unha semana no cartel en Numax.

Xurado: Equipo NUMAX

“Premio do público”

Dúas noites nun aloxamento Galicia Calidade

“Premio Contemporánea”

A obra gañadora será exposta en galerías de Contemporánea durante un tempo a convir.

Xurado: Asociación Contemporánea

“Premio do Xurado Novo”

Un pack de libros Estraperlo

Xurado

Interseccion - Noemí Parga

Noemí Parga

Noemi Parga Iglesias (1994, Vigo). Graduada en Comunicación Audiovisual e mestrado en Dirección de Arte Publicitaria pola Universidade de Vigo. Socia do Fuck This Studio (Vigo), realizadora audiovisual en Anti-studio e membro do Grupo Subterráneo.

Interseccion - Miguel García Rivadulla

Miguel García Rivadulla

Son estudante de cuarto de Comunicación Audiovisual na cidade da Coruña. 

Estou especializándome en Animación 3D e videoxogos e son, ademais, un afeccionado do cine experimental e das curtametraxes.

 

Interseccion - Cecilia Doforno

Cecilia Doforno

Nacín en Vigo, Pontevedra, o 10 de novembro de 1997. Estudo o último curso do Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que actualmente estou nunha mobilidade SICUE na Universitat de València. Teño participado en cursos sobre cinema e televisión organizados polo CGAC e levo dous veráns facendo prácticas no Diario de Pontevedra, especialmente na sección de Cultura do xornal.

Interseccion -

Daniel Arana

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Participou como voluntario auxiliar de produción na cuarta edición do Festival Novos Cinemas de Pontevedra, e como membro do Xurado Novo na súa seguinte edición. Ademais, formou parte dos obradoiros “Un camiño posible”, dirixido polo cineasta Eloy Enciso, e “Habitar un rostro. O xesto dun enconto”, baixo a tutela da cineasta Jaione Camborda, organizados ambos polo mesmo festival. Como creador, desenvolveu varias pezas de carácter documental, como “Espejo en el espejo” (2018) ou “Echar raíces” (2019). Escribiu e dirixiu unha curtametraxe de ficción, “Norte” (2019) e codirixiu xunto a Cris Yáñez a curtametraxe “O paso” (2019).  Tamén é membro do Grupo Subterráneo.

Interseccion - Laura Calvo

Laura Calvo

Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2014-2018) e con Màster en Estudis de Cinema i Audiovisual Contemporanis pola Universitat Pompeu Fabra (2018-2019). Actualmente está a iniciar os seus estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, no programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte baixo a codirección de Xosé Nogueira Otero (USC) e Glòria Salvadó Corretger (UPF). As súas liñas de investigación principais adscríbense ao eido da cultura audiovisual contemporánea, á estética da ficción serial e televisiva e ás hibridacións entre formatos audiovisuais e outras artes. Ten asistido a cursos e distintas actividades de difusión que teñen que ver coa arte contemporánea e coa xestión cultural, participado en mesas redondas e escrito en relación ao cinema.

Interseccion - Adrián García Seoane

Adrián García Seoane

Músico multinstrumentista e actualmente estudante de Comunicación Audiovisual do último curso na Universidade de A Coruña. Ten sido seleccionado recentemente no Festival Primavera do Cine de Vigo e no L’Hospitalet de Llobregat International Film Festival, entre outros, coa curta documental “¿Quién soy?”, unha peza de estilo experimental na  que se reflexiona en ton poético sobre o paso do tempo e a identidade persoal ao través de imaxes de arquivo caseiras. Tamén é colaborador no blogue “Parajes Culturales”, no que escribe artigos sobre cinema e música.

Escolas

“Premio Resorte”

Tres meses de titoría online para o desenvolvemento dun proxecto artístico en Resorte (Valorado en 360 €)

Xurado

Interseccion - Mar Caldas

Mar Caldas

Nos seus proxectos artísticos destaca o uso da fotografía, o texto e o vídeo, incorporando recursos performativos e procesuais.  Interesada polas políticas da representación e pola mirada do espectador, tratou cuestións como a subxectividade, as relacións de dominación entre os xéneros e entre as culturas, o valor da micro-historia, o quebrantamento dos roles sexuais ou a desactivación do “voyeurismo”.

Combinou a práctica artística cunha labor teórica que deu lugar a conferencias, ensaios, artigos e comisariados, cuxas publicacións están parcialmente recollidas en Academia.edu.

Interseccion - Leticia Eirín

Leticia Eirín

Leticia Eirín (A Coruña, 1981), licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade da Coruña e doutorouse nesta mesma universidade no ano 2012.

O seu traballo de investigación está centrado na literatura medieval galego-portuguesa. De entre as súas publicacións destaca a edición da obra teatral “Auto chamado dos Enfatriões”, de Luís de Camões, “O cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica”, en colaboración con Manuel Ferreiro, ou “A visión do amor no cancioneiro de Don Denis. Estudo e edición de 33 cantigas de amor”. Na actualidade é profesora da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC. 

Ocupa, desde xaneiro de 2020, o cargo de Adxunta de Cultura da Universidade da Coruña.

Interseccion - Enrique Lista

Enrique Lista

Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural. Como artista expuxo individualmente na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc e Sala Alterarte. Participou, entre outras, nas mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo. Ten experiencia como docente universitario, asesor de proxectos artísticos e editor de libros de autor.

Sección LAB

Premio AGAG a “Mellor tratamento de proxecto”

200 € para o proxecto seleccionado

Xurado

Interseccion - Marcos Nine

Marcos Nine

Inicieime no audiovisual como guionista de series de tv no ano 2001, escribindo para “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda” e posteriormente para “As leis de Celavella”. Tras esa etapa ocupeime da escritura e dirección de todo tipo de formatos de non-ficción, documentais televisivos, curtametraxes documentais con amplo percorrido por festivais e Institutos Cervantes como o de Nova York, Tucson, Sao Paulo, Estambul, Manchester ou Nápoles. Tamén longametraxes como “Piedad” (2012) estreada no BAFICI ou “A Viaxe de Leslie” (2014) estreada na SEMINCI de Valladolid. Escribín Docu-realities como “A casa de 1907” (2007) ou “Gran Cambio” (2010) e últimamente escribín nas series “Pazo de Familia” e “Serramoura”.

Interseccion - Oscar Cruz

Óscar Cruz

Guionista por paixón e necesidade de contar historias. Comecei o meu camiño en internet con series como ‘El Método Sueco’. Exalumno do Máster de Guión da UPSA e guionista da “sitcom” ‘Peter Brandon’.

Interseccion - Sara Gómez

Sara Gómez

Empezou a súa carreira profesional traballando en Madrid como auxiliar de cámara en películas como “Promedio Rojo”, “Vete de Mi” ou “Isi Disi: alto voltaje”. Unha beca da Fundación Caixa Galicia á súa primeira obra literaria, así como unha subvención do AGADIC ao desenvolvemento, fixeron que regresara a Coruña coa intención de converterse en guionista. Tras un período de formación, incorpórase ao departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual. Alí escribe o guión de series e películas para televisión como “Pai Casares”, “Matalobos”, “África” ou “Cinco días de Nadal”. Como guionista autónoma, traballa na segunda temporada de “Luci” (Portocabo – Grupo Boomerang) e no desenvolvemento dunha nova serie para TVG (Voz Audiovisual).

Sección Contemporánea

“Premio do Xurado Novo”

Un pack de libros Estraperlo

Xurado

Daniel Arana
Laura Calvo
Cecilia Doforno
Miguel García Rivadulla
Adrián García Seoane

Palmarés

Premio AGAG ao “Mellor tratamento de proxecto” da sección LAB Lluny, de Lara Curto

“Polo retrato honesto e ben matizado dunha figura que representa, con humildade, o sentimento de pertenza á súa terra. Polo seu enfoque cargado dunha ironía que xorde de xeito natural no día a día dun home namorado da súa cultura”.

Premio do Xurado Novo da sección Contemporánea
(SUBTÍTULOS) saber sin estudiar, de Manuel Saiz

“Pola indagación nun elemento que habitualmente pasa desapercibido no filme, por inverter orixinalmente a orde dos elementos da imaxe e pola execución textual e visual”.

Premio Resorte da sección Escolas
Ola Baby (Video-ensaio sobre a miña depresión), de Antía Carreira.

“Pola sensibilidade para a selección e montaxe de fragmentos de vídeos domésticos familiares e para a súa combinación con textos da súa autoría, dotados dun espontáneo tono poético. Por conseguir que o espectador proxecte os seus propios recordos sobre as honestas confesións persoais de alguén con quen deseguida sente empatía. Sen aparencia ambiciosa nin pretensións de validez universal, por conseguir trascender as súas circunstancias persoais que a motivan e sérvenlle como tema.”

Premio A Colectiva da sección Galicia
Inside the Microtubule, de Judith Adataberna

“A habilidade e a sutileza na hibridación dos distintos formatos que combina a peza, pola mestura de documentos e grabacións reais e experimentais co formato documental. Por pulsar a sensibilidade do espectador dun xeito moi impactante ao enlazar a medicina co contexto actual. Por fluir con regularidade, de principio a fin. E por ser unha homenaxe ás mulleres de montaña. Un contexto difícil para a supervivencia, sobre todo no pasado.”

Mención especial do xurado de A Colectiva
Interregno, de Fernando Gómez-Luna e César Souto Vilanova

Premio Númax á exhibición da sección Galicia
Inside the Microtubule, de Judith Adataberna

“Pola súa capacidade de inmersión ao través do traballo sonoro e imaxinario visual característico da autora.”

Premio Contemporánea da sección Galicia

-oito, de Berio Molina e Alexandre Cancelo

Premio do Xurado Novo da sección Galicia

La bouche, promèner, non, non, non, de Acacia Ojea

“Pola súa textura pictórica, a abstracción sonora, os movementos orgánicos da cámara e a maxia das situacións retratadas, que envolven a escena nunha reflexión sinuosa sobre a linguaxe e a aprendizaxe desta dun xeito universal.”

Premio del público da sección Galicia Reality, de David Fidalgo