Tatiana Macedo

Foco

Foco

Tatiana Macedo

Tatiana Macedo desenvolve o seu traballo a través de formatos como a instalación, o son, a fotografía ou o cine, entendendo os seus procesos dentro da lóxica do campo expandido. Movéndose entre o poético e o conceptual, a súa obra abraza as fronteiras para situarse no espazo do real, reflexionando sobre as nosas propias conductas dende unha óptica transversal. O seu discurso atravesa problemáticas como a identidade, os estudos postcoloniais, a construción da historia e os cruces político-sociais. Todo iso, mediante unha linguaxe estética que transita entre o control técnico e a fluidez do deixarse levar pola cámara.

Sesión I

Foreign Grey

O proxecto orixínase a raíz dun encargo fotográfico para a cidade de Pekin e consegue ultrapasar esa arquetípica mirada turística conxelada nas retinas para dar lugar a unha sorte de arqueoloxía do hábito; da vida. Así van conectándose interior e exterior para situarnos ante unha paisaxe intercalado de memorias, de xestos e experiencias que nos chegan tamén interpretadas, dixeridas, pero que dalgunha maneira acumulan os ecos do real.

Interseccion- Tatiana Macedo

A Few Coloured Tears

vídeo HD | cor | son | 8 min loop | 2014 | versión screening | primeiro visionado en España

Interseccion - Tatiana Macedo

A History of the Wind

vídeo HD | cor | silente | 1 min loop | 2014 | versión screening | primeiro visionado en España

Interseccion - Tatiana Macedo

O que faltaba ao cinema moderno

vídeo HD | cor | son | 17 min loop | 2014 | versión screening | primeiro visionado en España

Interseccion - Tatiana Macedo

Five Stars / Foreign Grey

vídeo HD | cor | son | 5 min loop | 2014 | versión screening monocanal | primeiro visionado en España

Interseccion - Tatiana Macedo

Entre-Dois

vídeo HD | cor | son | 11 min loop | 2014 | versión screening monocanal | primeiro visionado en España 

Interseccion - Tatiana Macedo

A Intérprete

vídeo HD | cor | son | 2 min loop | 2014 | versión screening | primeiro visionado en España

Sesión II

Interseccion - Tatiana Macedo

Esgotaram-se Os Nomes Para As Tempestades #2

vídeo HD | cor | son | 18 min loop | 2019 | versión screening monocanal | primeiro visionado en España

Esgotaram-se Os Nomes Para As Tempestades #2 é un proxecto filmado na Confeitaria Cunha de Porto onde a arquitectura do local compórtase como un protagonista máis. Perfilada entre planos xerais que debuxan o contexto e miradas en zoom que asumen unha intensa fisicidade, percorremos as súas esquinas, as súas dimensións, asistimos á memoria do lugar. A presencia humana respírase incluso nas ausencias, no diálogo interno do protagonista, neses nomes que ao pronunciarse se esfuman, coma os seus recordos narrados.

Interseccion - Tatiana Macedo

1989

vídeo HD | cor | son | 25 min loop | 2015 | versión screening monocanal | primeiro visionado en España

1989, proxecto co que gañou o Prémio Sonae Media Art (2015), preséntase como un tríptico que reúne a fórmula documental, o emprego de material de arquivo e o discurso ficcionado para reflexionar sobre a concepción eurocéntrica e a construción das narrativas históricas. Como un ensaio fílmico expandido dividido en tres capítulos, Tatiana Macedo prantexa un debate sobre a linguaxe do pensamento e as estruturas de poder a través de diversas xeografías.

Co apoio de

Interseccion - logo GNP
Interseccion - logo nortear
Interseccion - logo GNP
Interseccion - logo Camões