Galicia

Sucumbindo á desorde

Texto de Sara Donoso

En INTERSECCIÓN buscamos sinalar o diverso, incidir no cuestionamento para pensar o audiovisual como algo elástico e libre. Nesta selección da sección Galicia, na que contamos con varias estreas mundiais, se hai un criterio que se impón é o da diversidade: de idades, traxectorias, linguaxes e eleccións formais. Atoparemos un tratamento plural das imaxes, ás veces evocador e próximo ao pictórico, abstracto e radical, veremos fórmulas que se integran no terreo do sonoro e o performativo, outras que aplican o atractivo popular do “kitsch” para lanzar mensaxes ácidas ou rexistros documentais onde a palabra e a historia orientan o argumento. É neste punto, no espazo do heteroxéneo, onde comezan a enlazarse algunhas inquedanzas, que teñen que ver coa expansión dunha mirada atenta e diagnóstica capaz de medir a temperatura da nosa contorna social.

Sesión I

Interseccion - David Fidalgo

Reality

David Fidalgo

vídeo HD | cor | son | 8 min | 2020

Tomando como punto de partida momentos de la actualidad relevante de los años 2019 y 2020, Reality es una reflexión crítica e irónica sobre los programas de la denominada “telerrealidad”.

Interseccion - Edu Fernández

Ópera Trap

Edu Fernández

vídeo HD | cor | son | 3 min | 2020 | premiere mundial

Edu Fernández crea un novo xénero músical: a ópera trap. Un estilo musical que combina a técnica refinada do canto lírico e as temáticas costumbristas da clase social do trastornariado urbano. O texto é interpretado en koruño, un dialecto híbrido do castelán, o galego e o caló nacido nos anos 80 nos barrios obreiros da Coruña. Un xénero musical ansioxeno que captura a realidade histérica e pornotópica da contemporaneidade pandemial.

Interseccion - Alberte Pagán

Raíces

Alberte Pagán

video HD | color | sonido | 6 min | 2018 | premiere mundial

Nova entrega da serie “Superfícies” na que unha manifestación antifascista (Compostela, 20 novembro 2007) é proxectada sobre raíces. Son directo. Homenaxe ao militante antifascista de 16 anos Carlos Palomino, asasinado en Madrid uns dias antes, o 11 de novembro, por un neonazi.

Berio Molina y Alexandre Cancelo - Oito

-oito

Berio Molina e Alexandre Cancelo

vídeo HD | cor | son | 8 min | 2019 | premiere mundial

-oito” é unha peza creada arredor da investigación que Miguel Prado leva realizando sobre a voz, sobre a súa separación, sobre a súa evacuación. “-oito” xurdiu a partir do filme “7 Limbos”, onde o proceso de rodaxe baseouse en moitos casos en sesións de improvisación documental cos artistas que participaron na película. Como no caso de Miguel Prado, estas secuencias colleron unha unidade propia e pasaron a formar parte de pezas illadas. Está gravada en Clifton Rocks Railway (Bristol) unha estación de ferrocarril baixo terra escarvada no interior da colina de Avon Gorge que durante a II Guerra Mundial foi empregada como unha emisora de radio secreta. A súa estrutura en pendente crea pequenos anfiteatros onde se acentúan as resonancias dos sons que veñen tanto do exterior coma do interior. A voz sae da boca e vólvese resonancia.

Interseccion - Iria Vazquez

Tableaux Vivant. Retrato de Olga, 1.

Iria Vázquez

vídeo HD | cor | son | 3 min | 2020 | premiere mundial

O movemento da paisaxe retumba na tea, o quefacer sísmico do corpo illa a linguaxe ininterrompida dun xesto, un abismo existente na interpretación, a percepción imbatible  do espazo en branco.

Interseccion - Judit Adataberna

Inside microtubule

Judit Adataberna

vídeo HD | cor | son | 9 min | 2018 | premiere galega

Ao través da memoria deteriorada da miña avoa, fago un paseo polos seus vellos traumas ao tempo que subo unha montaña de noite e en plena tormenta de neve. 

Miña avoa de 99 años fala soa no cuarto, repite en bucle historias da súa infancia, pero xa non recorda o que pasou fai 20 anos. Os recordos do medo infantil prevalecen por enriba da vellez e o esvaecemento da memoria. A morte da súa nai con 4 años e o abandono que lle provoca son aínda un vestixio dunha arquitectura emocional que non se borra ante a demencia. En pleno temporal de neve recapacito sobre isto, sobre estar soa e ter medo, as voces doutras mulleres resoan na montaña.

Interseccion - Olaia Sendón

Terminator apetrena

Olaia Sendón

vídeo HD | cor | son | 3 min | 2019 | premiere galega

O vídeo reflexiona sobre a vellez. De súpeto son as cousas que sosteñen a nosa memoria as que se volven importantes, non o vello, o vello non lle gusta a ninguén.

Interseccion - Acacia Ojea

La bouche, promèner, non, non, non (A boca, pasear, non, non, non)

Acacia Ojea

vídeo | cor | son | 12 min | 2020 | premiere mundial

Existe un espazo propio do sentir e do entender na linguaxe particular de cada cultura.

A Importancia e consecuencias no bilingüismo e a tradución.

O proceso de aprender unha lingua. Convivir con varias linguas.

Todo o que implica a verba “pertencer”.

Interseccion - Santiago Teijelo Vázquez

Plumas en el arcén

Santiago Teijelo Vázquez

vídeo HD | cor | son | 8 min | 2020

O ser humano e o resto dos animais están obrigados a coexistir. A pesar do tempo, esta antiga relación non deixa de ser estraña. A desconfianza e a incapacidade de comprenderse entre si nunca desapareceron, isto vese reflectido na mirada dos animais que nos rodean. A través da observación dos espazos compartidos polo ser humano e o resto de animais somos capaces de reflexionar sobre a relación que se creou entre uns e outros. Os animais seguen desconfiando do ser humano a pesar da longa relación que os une, non sen motivo, xa que en moitas ocasións a relación é obrigada e desigual. No Parque Nacional de Monfragüe os voitres viven en liberdade pero nin aínda así son capaces de evitar a interferencia dos seres humanos na súa contorna. As cegoñas e andoriñas xa son habitantes de pleno dereito nos pequenos pobos dos Llanos de Cáceres, mentres que o gando segue sendo explotado.

Interseccion - Diego Santomé

Sen título

Diego Santomé

vídeo | cor | son | 4 min | 2019-20

Un film hermético e molesto, abstracto e hipnótico. Un ensaio sobre a representación, liberado de rexistrar fenómenos externos á continuidade espacial, temporal e de causalidade dramática, dun punto negro sobre un fondo branco.

Sesión II

Interseccion - Interregno

Interregno

Fernando Gómez-Luna

vídeo HD | cor | son | 78 min | 2020 | premiere española

Fernando e César despedíronse nun aeroporto de Estados Unidos en 2019. Un día antes da declaración do estado de alarma en España, Fernando sinte a urxencia de enviar unha carta filmada a César. Así comezan unha correspondencia á que chaman “Interregno”. Interregno é un tempo entre parénteses. As funcións habituais interrómpense, a percepción altérase. Os telepredicadores conxúranse contra o apocalipse, o quizais invócano. Intúense cambios profundos, devires animais. O tempo esténdese e detense sen que se albisque como será a saída.