Belén Montero e Juan Lesta

Foco DSK

Foco DSK

Belén Montero e Juan Lesta

A traxectoria dos directores, produtores e creativos fundadores do colectivo DSK é tan extensa como variada, pero, aínda que teñen traballado en numerosos xéneros e formatos, a experimentación e o son sempre teñen unha importancia especial na súa obra, que permaneceu (durante os seus anos de actividade) en movemento constante. Este movemento ás veces é frenético, exaxerado, e ao través da repetición ou a velocidade desprégase en toda clase de xogos audiovisuais: xogos de palabras, de imaxes,  xogos de corpos e coreografías, xogos de vestiario, xogos de humor e de crítica. Exercicios para xogar a pensar.