Croacia

Foco

Foco Croacia

Foco Croacia: Un panorama fragmentado da arte audiovisual croata

Texto de Branka Benčić

Durante as últimas décadas o cine e o vídeo establecéronse como as formas artísticas e culturais dominantes que conformaron o panorama da arte e o cine contemporáneos en Croacia, establecéndose como o medio escollido polos artistas para explorar as súas posibilidades técnicas, poéticas e subxectivas.  O programa reúne diferentes actitudes artísticas traballando con creadores da imaxe en movemento ao través dun panorama fragmentado de múltiples voces, xéneros e xeracións, reunindo obras audiovisuais recentes de artistas croatas que traballan con prácticas experimentais de cine e vídeo, documental e animación en conversa cunha selección de posicionamentos históricos, abarcando un período desde os 1960 ata hoxe.

 Os catro programas de proxección reúnen experimentos de artistas en cine e vídeo durante os anos sesenta e setenta, explorando a linguaxe da película estrutural, experimentos co media, cine documental, voces femininas e traballos creados por unha nova xeración de artistas que reflexionan sobre as condicións do pasado e as perspectivas do futuro ao través do contexto social, político, económico ou cultural.

Co apoio de

Interseccion - logo HaVC