ESCOLAS
Paraísos
INTERSECCIÓN ESCOLAS
Paraísos
Escolas é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade sen importar a súa nacionalidade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes.
Nesta ocasión, retómase a idea dos “paraísos artificiais” de Baudelaire e reinterprétase, para presentar pezas que dalgún xeito aborden estratexias ou lugares de evasión, sexan persoais e intimistas, colectivos e sociais ou de calquera outra clase, que as persoas xeran ou aos que acoden tanto física como virtualmente para descansar do mundo, para divertirse ou distraerse, relaxarse, chorar, confesar preocupacións ou envorcar os seus segredos e medos.

Sesión Monocanal

Toda Aspereza
Pablo Aguilar
vídeo 4K | cor | son | 18 min | 2020
Un transeúnte sen nome vese obrigado a trazar unha ruta circular, enfrontándose aos seus monstros, á perda e á memoria, e guiando así ao espectador ao través das diferentes fases psicolóxicas que compoñen o tránsito cara a aceptación.
A estrutura circular da estación de tranvía abandonada de Canido transformouna nun circuíto de recordos no que o artista proxectou simultaneamente cinco imaxes da súa infancia, pertencentes a unha viaxe familiar a Fuerteventura. As paredes rotas funcionan coma unha canle, transmitindo recordos fragmentarios, borrosos e analóxicos.

Ola Baby (Video-ensaio sobre a miña depresión)
Antía Carreira
vídeo dixital e animación | cor | son | 9 min | 2020
Desde hai seis anos, a única forma que tiven de comunicarme conmigo mesma foi ao través de mensaxes cifradas que afundían no mar da tristeza. Agora, que vou dando pasiños polas miñas novas pontes, consigo mirar atrás e dicirme á cara o que tantas ganas tiña de dicirme.

00101101
Gratis & Mike What May (Ana Chamizo y Miguel García)
vídeo | b/n| son | 3 min | 2020 | premiere mundial
A cidade é o cáncer que nos dá vida.
Da Necrópole nace a Metrópole.

AaMamá
Paula Zamora
vídeo | cor | son | 8 min | 2020 | premiere mundial
O “voyeur” e o cotián son o eixe de “AaMamá”, peza documental que retrata o confinamento mediante conversacións telefónicas

Imaginario de un entorno digital
Ana Harrison
vvídeo | cor | son | 10 min | 2020 | premiere mundial
Trátase dunha exposición virtual simulada nun bosque onde, a medida que percorres o espazo, diferentes obras visuais van aparecendo no teu campo de visión ao ritmo da música. A exposición está dividida en tres partes que á súa vez van ao ritmo de tres cancións diferentes.
Exposición en Normal

Puto Insomnio
Mateo Villalustre
fotografía | b/n | 2019 | inédita
Escollín como paraíso artificial o mundo dos soños debido á estreita relación que manteño con eles desde hai uns anos. Un refuxio ao alcance de todos e ao que a maioría nos gusta visitar de cando en vez, e é que a mente non priva a ninguén do seu uso, nin por razas, clases sociais ou relixións. Unha realidade onde o subconsciente de cada un libera un estado diferente das cousas onde o espazo e o tempo desaparecen.

Calabria
Mihai Bulai
fotografía sobre papel | cor | 21 x 29 cm | 2020 | inédita
O proxecto basease nunha experiencia persoal. É unha performance documental sobre a miña estancia nun monasterio local que leva o nome dun santo católico “Don Calabria”. Nese momento, quería ser sacerdote. Despois de pasar un ano no monasterio, comecei a entender que a forma de vida, que vía coma un paraíso (cos ollos dun neno que quería escapar da súa casa), non era un paraíso en absoluto. En xeral, recreo aquel estado de ánimo, a miña experiencia emocional durante a estancia no que debería ter sido o meu “paraíso artificial”.

Paseo
Nicolás Vázquez Ben
gouache sobre papel | 20 x 29 cm | 2020
Un paseo en tres fases onde o personaxe atravesa, contempla e é transformado pola paisaxe.

Dacia, Mon amour
Malina Moncea
vídeo monocanal | cor | son | 4 min | 2018 | inédita
Dacia constitúe unha pseudomemoria, enseñada de xeración en xeración, á que me refiro no vídeo como un anuncio intuído polos poucos materiais que quedan ao respecto. E así, creo, desde o punto de vista dunha persoa nada despois da revolución, unha historia imaxinaria, unha “docuficción”, deconstruíndo e reconstruíndo símbolos nacionais e persoais en favor de resaltar a influencia do entorno no que nacín. A propagación temporal analízase na miña xenealoxía e o nivel persoal de comprensión do que significa a fotografía como memoria e a fotografía como recordo.
Se o camiño percorrido nesta obra posúe unha nota persoal, entón a voz narrativa refírese a unha conciencia nacional acumulativa que incide nun entorno descendente.
Cartier
Fotografía sobre papel | 120 x 80 cm | 2019 | inédita en España
Trátase do automóbil Dacia ao que se refire o vídeo “Dacia, Mon amour”. É unha impresión atmosférica dun automóbil Dacia abandonado preto de Iași. O título é persoal e suxerente porque o Dacia Cartier é un barrio de Iași no que nacín.

Carmen de Lilainas
Noemí Comesaña
téxtil | dimensións variables | 2020 | inédita
Segundo Gaston Bachelard, o gran poeta francés Baudelaire dicía que o soñador pide un inverno frío. “Necesita un inverno canadense, un inverno ruso, co cal o seu niño será máis cálido, máis doce, máis amado(…)” (Bachelard, Gaston 1965: 71)
Neste niño habitan os nosos seres máis queridos e as lembranzas persoais compartidas moran con eles. As grandes historias, o fogar do recordo, das relacións cos devanceiros, inhumadas baixo o paso do tempo. Os devanceiros deixan as súas próteses ao seu paso por esta terrea realidade.

isthisreallife?
María Verez
vídeo monocanal | cor | son | 1 min | 2020 | inédita
“isthisreallife?” é un “collage” audiovisual que recolle anacos de edificios rexistrados en diferentes cidades de Europa e forman un conxunto que se presenta como o reteriamos na memoria, en anacos e máis preto do onírico que do real.