Mesa Colectiva

Modelos de Xestión en positivo

Mesa Colectiva

Modelos de Xestión en positivo

A Colectiva – Asociación Profesional de Artistas de Galicia, nace coa vontade de dar unha voz á comunidade contemporánea de artistas nados en Galicia ou que desenvolven a súa actividade neste territorio. Algúns dos nosos obxectivos son fortalecer o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural. 

Na Mesa Colectiva desta edición tratarase de resaltar e poñer en valor modelos de xestión favorables no ámbito da arte contemporánea e o audiovisual, para coñecer modelos efectivos e prácticas recomendables que se poden exportar e adaptar ao noso contexto. Participan os profesionais Mar Caldas, Irena Jelić, Ricardo Vieira e José Manuel Sande.

Interseccion - Mar Caldas

Mar Caldas

Nos seus proxectos artísticos destaca o uso da fotografía, o texto e o vídeo, incorporando recursos performativos e procesuais.

Interesada polas políticas da representación e pola mirada do espectador, tratou cuestións como a subxecetividade, as relacións de dominación entre os xéneros e entre as culturas, o valor da micro-historia, o quebrantamento dos roles sexuais ou a desactivación do “voyeurismo”.

Combinou a práctica artística cunha labor teórica que deu lugar a conferencias, ensaios, artígos e comisariados, cuxas publicacións están parcialmente recollidas en Academia.edu.

Interseccion - Irena Jelić

Irena Jelić

Irena naceu e medrou en Zagreb, Croacia (1977). Licenciada en Historia da Arte e lingua española, construíu a súa carreira en axencias de marketing como redactora e directora creativa, e nos últimos dez anos dedicouse ao cine. deseñou e implementou máis de 100 campañas de relacións públicas para películas croatas e estranxeiras, multicines Blitz-CineStar e canais de televisión CineStar. Desde 2017, Irena traballa para o Centro Audiovisual Croata (HAVC).  É xefa do Departamento de Festivais e Promoción de HAVC e representante de Croacia na European Film Promotion.

Interseccion - Jose Manuel Sande

José Manuel Sande

Historiador e escritor cinematográfico, é programador do CGAI-Filmoteca de Galicia e posúe unha extensa traxectoria como xestor, docente e activista. Escribe en numerosas publicacións especializadas, formando parte do consello de redacción de revistas como “AG”, “A Cuarta Parede” ou “Luzes”. Dedicado a tarefas divulgativas, ademais da súa presenza en proxectos de investigación académicos e a organización de numerosos eventos cinematográficos e culturais, foi xurado en máis de 20 festivais especializados e é membro asiduo nas comisións de axudas de AGADIC desde 2008. No campo fílmico contribúe á investigación documental “50 años en el andamio” (Ángel Rueda, 2008) e é guionista e coprodutor da longametraxe “Arraianos” (Eloy Enciso, 2012). Ademais, é membro da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC) e fundador de iniciativas como a canle de televisión “Galiza Ano Cero”, a revista “Luzes” ou o blog especializado “Acto de Primavera”.

Interseccion - Ricardo Vieira

Ricardo Vieira

Traballa como asistente de programación na Casa do Cinema Manoel de Oliveira, dependente do Museo de Serralves. Tamén é programador do IndieLisboa – International Film Festival e do Reverso Festival. Eventualmente comisaría no Museo Calouste Gulbenkian. 

O seu traballo como investigador académico céntrase na historia do cinema portugués e na restauranción e preservación fílmica. 

Como crítico, é cofundador e coeditor de “À Pala de Walsh”, unha das revistas dixitais especializadas en cinema de vangarda e arte audiovisual de máis prestixio de Portugal.