AulaColectiva

Másterclass DSK: Belén Montero e Juan Lesta

Másterclass AulaColectiva

DSK: Belén Montero e Juan Lesta

A AulaColectiva suporá unha panorámica por pezas videográficas con distintos formatos multimedia cociñados desde a produtora Esferobite ao longo de dúas décadas por Juan Lesta e Belén Montero, e viceversa, onde poñeremos especial énfase no proxecto multidisciplinar “codeco” na súa parte máis audiovisual; en “Iconoscopio”, videoblog colaborativo con autores e autoras de música, e noutro tipo de formatos de videocreación que hibridan coa videodanza, videopoesía ou o videoclip.