LAB
Mesa de traballo para proxectos artísticos
INTERSECCIÓN LAB
Mesa de traballo para proxectos artísticos
LAB é un lugar de encontro para persoas de diverso perfil e intereses, implicadas no desenvolvemento de proxectos artísticos, para facer unha posta en común dos mesmos e debater xuntas os recursos e estratexias que permitan facelos avanzar. A dinámica colectiva centrarase en revisar aspectos da concepción dos proxectos, busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións, establecendo un diálogo que poda enriquecer e mellorar a capacidade de cada persoa para desenvolvelos.


Enrique Lista
Coordinador
Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural. Como artista expuxo individualmente na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc e Sala Alterarte. Participou, entre outras, nas mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo. Ten experiencia como docente universitario, asesor de proxectos artísticos e editor de libros de autor.
Autoras e proxectos seleccionados en Intersección LAB
O espazo do fogar

Retrato a miña realidade máis próxima, a familia e a súa contorna, os obxectos e espazos, o baleiro… sinxelamente o home e a súa pegada, a través dunha representación nítida e sincera, tendo como referencia a fotografía popular. Busco unha visión dende dentro, non costumista, un achegamento ao entorno rural que poida contribuír á ruptura de estereotipos sobre as súas xentes, e revalorizando o seu estilo de vida.
Lucía Otero

Bio
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2016-2020), actualmente realiza un mestrado en Dirección de Arte en Publicidade na mesma universidade. En 2018 viaxa a Atenas coma Erasmus+ con especialidade en fotografía e deseño, e no 2019 participa na exposición colectiva “Xente nova e leña verde, todo fume” (Santiago de Compostela). En 2020 formará parte da exposición do certame “Novos Valores”, participará no proxecto “MULLERES RURBANAS” da Cooperativa 7H e amosará o seu traballo no blogue “Inédito”, dirixido por Manuel Sendón.
Lluny

É un proxecto de documental que explora a dimensión máis íntima da emigración a través de Josep Maria, un catalán que ten vivido case toda a súa vida na Arxentina. A súa idea cristalizada de Cataluña penetra o seu día a día, e coñecelo impactou na propia vivencia da autora. Que é o sentimento de pertenza a un lugar? Que significa a distancia entre o que lembramos e o que é?
Lara Curto

Bio
Lara Curto licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidad Autónoma de Barcelona (2014) e realizou o Máster en Teoría y Práctica del Documental Creativo da mesma universidade (2015). Codirixiu a película “CAMPANYA”, presentada en diversos festivais e mostras, varias veces galardoada, entre elas con dous premios no Festival de Málaga. Entre Arxentina e España, ten participado en distintos proxectos audiovisuais como “Lago dos Nenos e Anábasis”. En 2019 foi seleccionada para participar na Clínica de obra documental do Grupo Documenta (Córdoba, Arxentina) co seu proxecto para a película “Lluny”.
Malgrat

“Malgrat” é un proxecto documental que reflexiona sobre a capacidade dos espazos de albergar recordos.
A través de imaxes do pasado gravadas coa vídeo cámara familiar, de imaxes do presente e a confrontación de ambas, componse o relato de Iago e Javi, que fan unha viaxe para despedirse da casa familiar tras o recente falecemento da súa avoa.
Santiago Teijelo Vázquez

Bio
Santiago Teijelo Vázquez (Santiago de Compostela 1987) cursou os estudos superiores de Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Tras rematar a súa formación, comezou a traballar no sector audiovisual como director de fotografía, cámara e reporteiro gráfico. Dende 2019, céntrase na dirección levando a cabo proxectos tanto de ficción como documental, conseguindo diversos recoñecementos en festivais e concursos, como o IV Premio Xohana Torres de Creación Audiovisual ou premio do público da XV Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, entre outros.
Profesionais

José Manuel Sande
Historiador e escritor cinematográfico, é programador do CGAI-Filmoteca de Galicia e posúe unha extensa traxectoria como xestor, docente e activista. Escribe en numerosas publicacións especializadas, formando parte do consello de redacción de revistas como “AG”, “A Cuarta Parede” ou “Luzes”. Dedicado a tarefas divulgativas, ademais da súa presenza en proxectos de investigación académicos e a organización de numerosos eventos cinematográficos e culturais, foi xurado en máis de 20 festivais especializados e é membro asiduo nas comisións de axudas de AGADIC desde 2008. No campo fílmico contribúe á investigación documental “50 años en el andamio” (Ángel Rueda, 2008) e é guionista e coprodutor da longametraxe “Arraianos” (Eloy Enciso, 2012). Ademais, é membro da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC) e fundador de iniciativas como a canle de televisión “Galiza Ano Cero”, a revista “Luzes” ou o blog especializado “Acto de Primavera”.

Branka Benčić
Branka Benčić é comisaria independente e historiadora da arte afincada en Croacia. Durante a pasada década comisariou exposicións colectivas, individuais e proxeccións audiovisuais en Croacia. Internacionalmente, impartiu clases e publicou textos en catálogos de exposicións, revistas e libros. O seu ámbito de investigación, tanto escrita como curatorial, enfócase na arte contemporánea, especialmente en prácticas en cine e vídeo, na antiga Iugoslavia. Foi comisaria do Pavillón Croata na 57ª Bienal de Venecia (2017), ademais de participar noutros proxectos e iniciativas, incluíndo Apoteka - Espacio para Arte Contemporáneo do que é Directora Artística; “Think Film”, proxecto de exhibición e pensamento en torno ao cine no Festival de Pula, do que é fundadora e directora, ademais de comisariar o ciclo Artists Cinema do Museo de Arte Contemporánea de Zagreb.

Ricardo Vieira
Traballa como asistente de programación na Casa do Cinema Manoel de Oliveira, dependente do Museo de Serralves. Tamén é programador do IndieLisboa – International Film Festival e do Reverso Festival. Eventualmente comisaría no Museo Calouste Gulbenkian.
O seu traballo como investigador académico céntrase na historia do cinema portugués e na restauranción e preservación fílmica.
Como crítico, é cofundador e coeditor de “À Pala de Walsh”, unha das revistas dixitais especializadas en cinema de vangarda e arte audiovisual de máis prestixio de Portugal.