O programa dedicado á Facultade de Belas Artes de Pontevedra trata de que todos comprendamos, a partir desta pequena mostra de obras que conforma unha mínima parte do arquivo dos 26 años de docencia universitaria en materia de vídeo-arte, que o resultado da súa transmisión e da súa práctica -desenvolvida ata hoxe por aquelas persoas en formación que continuaron coma artistas galegos neste medio-, son parte e participan inevitablemente dun sector artístico moi claro, xa tremendamente consolidado, reivindicativo, plural e descontinuo. Pero ao xurdir do ensino das Belas Artes, non deixou de exercer unha lectura ou un posicionamento que, por un lado, debe ser recoñecido coma estatuto de evolución histórica dos materiais producidos hoxe e, por outro, debería non esquecerse para que o seu coñecemento favoreza unha nova articulación dos mesmos que actualice a súa pertinencia e reafirme a súa eficacia no presente, fomentando co noso enfoque unha práctica multidisciplinar do vídeo-arte.