Salomé Lamas é unha artista cuxa obra non se adscribe a ningún xénero, senón que se produce na intersección de moitos coma algo persoal e independente, sempre impulsada por un afán innovador e rupturista. As súas pezas, que en moitas ocasións son enormemente comprometidas, xogan coa narratividade literaria, o texto e a linguaxe, para afondar na memoria e na historia de xeito crítico e enxeñoso, misturando ironicamente o real e o ficticio.
Vídeo HD | 16:9 | cor | son | 23’ | PT | 2012
A Comunidade é unha sinxela curta documental, na que o camping de caravanas máis antigo de Portugal se amosa coma un collage composto de imaxes tremendamente pictóricas, testemuños e rutinas, nun ton lixeiro pero sincero que esperta e alimenta a curiosidade.
Vídeo HD | 16:9 | cor | son | 16’ | DE e PT | 2014 | Premiere española
Le boudin presenta un testemuño terrible sobre un home que sendo aínda un rapaz foi obrigado a alistarse na lexión, e todo o que iso supuxo. A historia, que na súa maior parte está contada en primeira persoa por un actor adolescente, vai xerando unha reflexión arredor da identidade, a violencia, e a liberdade, coma un xogo teatral no que a persoa non importa e todo queda ao servizo do espectáculo da guerra.
Vídeo HD | 2:39 | b/n | son | 10’ | DE e PT | 2016-18 | Premiere española
Esta obra xorde durante o conflito fronteirizo que a autora e o seu equipo tiveron en 2015 co KGB durante a rodaxe de Extinción, entre Moldova e Ucraína. O xeito no que se nos presenta a peza alude de maneira visual á falta de protección e de liberdade dentro do territorio, así como aos procesos de censura e incomunicación que acaban forzando o silencio, da vista e da mente.
Vídeo HD | 2:39 | cor | son | 25’ | PT | 2017
Leonor regresa dunha viaxe un día no que o seu pai non a esperaba. Este tecerá unha realidade alucinatoria e fantástica, arredor da súa propia subxectividade e a da súa filla, que non dá crédito ante a inesperada situación.
Vídeo HD | 16:9 | b/n | sen son | 6’ | PT | 2018 | Premiere española
Vídeo HD | 16:9 | b/n | sen son | 9’ | PT | 2018 | Premiere española
Vídeo HD | 16:9 | b/n | sen son | 8’ | PT | 2018 | Premiere española
En Hangar, metro, terminal, Lamas abstrae de cando en vez as formas, creando espazos ambiguos sobre arquitecturas silenciosas, nunha sorte de maqueta audiovisual realizada para a Biennale di Venezia – Architettura.
Vídeo HD | 16:9 | son | cor | 7’ | 2019 | Premiere española
Extraction: The Raft of the Medusa é unha meditación sobre o redeseño masivo do planeta por parte da humanidade e un panfleto distópico sobre o Antropoceno.
A obra amosa un breve momento de euforia no que os ocupantes á deriva na balsa, esperando e rezando ser rescatados, parecen divisar una posibilidade de salvación. Case podemos escoitar os berros roucos a través dos cales intentan chamar a atención sobre a súa desesperada situación, reunindo as súas últimas forzas ante o baleiro. Esta é a súa última oportunidade de sobrevivir.
Extraction: The Raft of the Medusa, refírese ao paradigma colonial, a cosmovisión e as tecnoloxías que marcan as rexións de alta biodiversidade, para reducir a vida á súa conversión nun recurso a través do capitalismo, cun enorme impacto ambiental e social.
É unha alegoría dos estados de emerxencia en política ambiental, clima e migración, cun propósito ético-político.