É un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese ao través dunha documentación que posúe sempre a riqueza e a ambigüidade do testemuño humano. Os traballos de Sniadecki, nunca se conforman coa observación, nin se estancan no literal, senón que van máis alá do xénero documental na súa concepción visual, xerando imaxes plásticas e poéticas, que falan da realidade de xeito máis próximo á arte.